Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
veleirismo.over-blog.com

Estilo de vida.Si buscas la verdad mereces el castigo de encontrarla. Sé tú.

A BATALLA, DESENVOLMENTO LOCAL SOStIBLE OU A UNION,A ILUSIÓN,A FORZA?

 A batalla pretende representar aqueles tempos esquecidos nas nosas lembranzas mais non é así na dos nosos vellos que alumean as noites no ceo oscurecido onde brilan as estrelas.

 

A fermosa vila de Pazos de Arenteiro convidanos a todos a revivir aqueles anos de 1.809 cando un francés quixo que formaramos parte de seu gran imperio,como si xa non quedaramos fartos de ser romans.Daquelas libraronse batallas contra os franceses,eran fouces e forquitas,paus e pedras contra baionetas e cañons.O coñecemento dos nosos ancestros destas terras descoñecidas para eles fixo que,tras grolos de aguardente e noites longas no monte,conseguiran afastalos de nosos recunchos.Foron moitos os mortos, sangue  tingindo o Avia,o Viñao e o Arenteiro dun ton alonxado da sua pureza.Foron tempos de cañotas furadas polos vermes que queren que todo sea seu...mais nos agora pretendemos celebrar esa victoria sobre os franceses como un recoñocemento os abós de nosos abós,ou sinxelamente a nosa raza retranqueira.

O bó da historia vai ser os días 19 e 20 de agosto de 2017.

Sustinea,o concello de Boborás e unha morea de xente propuxose levar a cabo a primeira festa da Reconquista que se celebra por estas terras do Ribeiro e do Orcellón e ata mais alo do Padornelo ou do Paraño.

A aposta forma parte de unha actuación para o desenvolvemento local conquerindo por uns días dinamizar o núcleo de Pazos e arredores como Leiro ou Boboras.

Para min o mellor de todo e saber que hai mais de cen persoas implicadas no tema e maiormente dunha forma de entrega total e sin mais beneficio que a satisafacción persoal.Eso é o que fai grande a esta xente,volver a xuntarse,a esquecer merdiñas que sempre pasan para facer algo que se fara grande e mais ala do 2017.O peor de todo sempre son os comenzos pero eso sabemolo todos.

Atoparedes na festa postos de artesans,xogos tradicionais,actividades infantis,espectáculos nas rúas,visitas guiadas,mercados...e si vides con voso traxe de aquela época millor.

Ademais o pobo de Pazos ten un encanto que permite vagar polas suas ruas trasladandonos a outra dimensión;os venres hai que vivilos a partir das dez e meia da noite onde podedes atopar desde unha meiga a un cabaleiro atrapado no tempo dos templarios ou invernado na sagrada orde de Beade.

E increible o esforzo desta xente,o seu grupo de wuasap non para.

Como facemos as pedras para non mancar a xente?

Que roupa pos?.Cantos soldados?.

O Monchiño,o cura,a Carmiña,dona Hipolita,Elvirita,os franceses,o pregoeiro,o abandeirado,o corneta,as sete pilinguis,a menciñeira,o monxe,o asaltador,a costureira,mais de 30 galegas e galegos...e o mais sorprendente o esceario.

Asi que si che gusta a historia xa sabes onde ir.

PAZOS DE ARENTEIRO,DIAS 19 E 20 DE AGOSTO.

ACERCAOS TODOS...(CON ACENTO FRANCÉS) e xa non digo mais,ou si,teñen unha páxina en facebook que é a Batalla.

Compartir este post
Repost0
Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post